Acompañámoste na lactancia e crianza

Somos unha asociación sen ánimo de lucro de Santiago de Compostela que ofrece información, asesoramento e apoio mutuo ás nais e familias durante a lactación e a crianza.

Non tes que vivir a maternidade en solitario

En Alecría atoparás información, acompañamento e un espazo seguro no que compartir experiencias e resolver dúbidas.

Asesoramento en Lactancia

Axudámosche a resolver as dúbidas e dificultades que poidan xurdir durante a lactancia, desde os primeiros días ata a reincorporación laboral ou o destete.

Apoio mutuo

Un espazo de encontro entre familias para compartir experiencias, escoitarnos e aprender unhas das outras.

Defensa de dereitos

Defendemos o dereito das mulleres a amamantar e o dos seus bebés a recibir lactación materna, respectando ás decisións de cada familia.

Quen somos

Somos unha asociación sen ánimo de lucro con sede en Santiago de Compostela.

O noso obxectivo é informar, asesorar e acompañar ás mulleres que desexan amamantar para acadar unha lactación exitosa e resolver calquera dificultade que poida xurdir, especialmente nos primeiros momentos.

O noso propósito é informar e asesorar ás mulleres que desexen aleitar para acadar unha lactancia exitosa, axudar a resolver as dificultades que poidan xurdir no proceso e defender o dereito de todas as mulleres a dar o peito e dos bebés a seren aleitados.

Síguenos en Instagram

Tes dúbidas? Falamos!

Se precisas asesoramento, queres coñecer as nosas actividades ou tes algunha pregunta sobre a asociación, contacta connosco.