QUEN SOMOS
Alecría naceu da iniciativa e unión de nais e familias co compromiso común de crear unha rede sólida de apoio arredor da lactación materna e a crianza.
Misión:
Informar, protexer, asesorar e crear espazos de intercambio de experiencias sobre lactación e crianza.
Obxectivos:
- Resolver dúbidas e dificultades técnicas ou emocionais desde o inicio da lactación.
- Divulgar a importancia da lactación materna ante familias, medios de comunicación e profesionais da saúde e do ensino.
- Informar sobre os dereitos laborais e a conciliación (permisos de maternidade, reducións de xornada, excedencias, etc.)
- Proporcionar un servizo de préstamo de libros e materiais especializados.
- Valores e independencia ética: Ofrecemos atención en galego e español. A nosa entidade mantén unha estrita independencia ética, polo que non se aceptan doazóns de fabricantes ou distribuidores de leites infantís, biberóns, tetinas….

Xunta Directiva:
Presidenta Diana Luque,
Vicepresidenta María Castiñeiras,
Secretaria Sabela Mariñas,
Tesoureira: María Porto.
Vogais: Noelia López Gómez, Mª Nieves Iglesias Lopardo.
Que facemos e que defendemos:
Defendemos o dereito das mulleres a aleitar e dos bebés a seren amamentados sen discriminación e baixo calquera circunstancia. Promovemos a normalización da lactación na sociedade e a colaboración activa cos servizos sanitarios e educativos.
Proxectos e iniciativas:
Desenvolvemento de grupos de apoio mutuo, obradoiros formativos, publicación de materiais divulgativos e xestión da biblioteca e materiais de préstamo (como sacaleites, portabebés, etc.)
