Comunidade
En Alecria criamos en compaña. Somos unha comunidade de familias que se atopan, se escoitan e aprenden entre si, sen unha parte que ensina e outra que só escoita. Aquí a lactación e a crianza vívense con calma, con respecto e sen xuízos. Se chegas agora ou levas tempo connosco, aquí tes sitio.
Todo o que facemos nace desa mesma idea: acompañarnos. As actividades son espazos de apoio, información e recursos para que cada familia atope o que necesita, ao seu ritmo.

Actividades
Todo o que facemos nace desa mesma idea: acompañarnos. As actividades son espazos de apoio, información e recursos para que cada familia atope o que necesita, ao seu ritmo.

Reunións de lactancia e crianza
Espazos de encontro e apoio mutuo entre nais, pais e familias.

Atención Personalizada
Consultas e asesoramento vía correo electrónico, redes sociais e presencial nos encontros.

Servizo de Préstamo
Biblioteca especializada en lactación materna e crianza respectuosa, ademais de préstamo de sacaleites, portabebés e material de apoio.

Obradoiros e Formación
Impartición de obradoiros, monográficos e elaboración de material informativo e formativo.
