Faite socia de Alecría
Forma parte da nosa rede de apoio
En Alecria cremos na importancia de crear unha rede de apoio arredor da lactación e da crianza, un espazo no que compartir experiencias, resolver dúbidas e acompañarnos sen xuízos.
Facerte socia é unha maneira de formar parte desta comunidade, apoiar o labor da asociación e contribuír a que sigamos organizando actividades e creando espazos de encontro e acompañamento.
Todas as persoas son benvidas en Alecria e poden facerse socias!

Que vantaxes ten ser socia?
Prioridade nas inscricións ás actividades. As persoas socias teñen prioridade á hora de reservar praza nas actividades organizadas por Alecria, segundo a dispoñibilidade e as condicións de cada actividade.
Acceso ao grupo exclusivo de Telegram. Un espazo de comunicación para as socias, onde poder estar ao día das novidades e compartir información relacionada coa asociación.
Servizo de préstamo (proximamente). Estamos preparando un servizo de préstamo de libros, enseres, portabebés e sacaleites para as persoas socias. Informaremos cando estea dispoñible e das condicións de funcionamento.
Ademais, formarás parte dunha comunidade que aposta polo apoio mutuo, a información e o acompañamento durante a lactación e a crianza.
Canto custa facerse socia?
A cota é de 15 € ao ano.
Entendemos a unidade familiar como unha persoa socia, que pode ser a nai ou a súa parella, entre outras posibilidades. Esta persoa poderá asistir ás actividades acompañada dunha persoa máis.
Se precisades asistir máis de dúas persoas por cada persoa socia, será necesario consultar previamente se é posible, xa que dependerá das características e das prazas dispoñibles en cada actividade.
Como podes facerte socia?
É moi sinxelo! Só tes que cubrir o formulario de solicitude de alta que atoparás a continuación.
Unha vez recibamos os teus datos, contactaremos contigo para indicarche os seguintes pasos para formalizar a túa incorporación á asociación.
Grazas por apoiar Alecria e axudarnos a seguir construíndo esta rede de apoio. Agardámoste!
